PREMIO ABRENTE PARA TEXTOS TEATRAIS

Coa intención de incentivar a creación dramática en lingua galega e por ser o teatro a actividade que maior incidencia e proxección histórica lle outorgou á ribadaviense Agrupación Cultural Abrente (1969-1983), o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro convoca dende 2006, en lembranza daqueles “Concursos de Textos Teatrais”, o Premio Abrente para Textos Teatrais, dotado cunha cantidade de 3.500 euros máis a publicación da obra na colección “Abrente de textos teatrais” da editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Bases XII Convocatoria Premio Abrente (2017).

XI Convocatoria, premio do ano 2016:

“Fendas”, de Ernesto Is.

“Todo sobre Eva”, de Xandra Táboas.

X Convocatoria, premio do ano 2015:

“Voaxa e Carmín”, de Esther Carrodeguas.

IX Convocatoria, premio do ano 2014:

“Street Art Symphony”, de Fernando Epelde.

VIII Convocatoria, premio do ano 2013:

“Diante do espello”, de Fran Godón.

VII Convocatoria, premio do ano 2012:

Convocatoria deserta.

VI Convocatoria, premio do ano 2011:

“Campo de covardes”, de Vanesa Sotelo.

V Convocatoria, premio do ano 2010:

“Aquelas cousas do verán”, de Manuel Lourenzo.

IV Convocatoria, premio do ano 2009:

Convocatoria deserta.

III Convocatoria, premio do ano 2008:

“Augusta”, de Carlos Losada.

II Convocatoria, premio do ano 2007:

“Octavius Augustus”, de Antonio Yáñez Casal.

I Convocatoria, premio do ano 2006:

“Historia de Helena e María”, de Roberto Salgueiro.

Consulta as bases de 2017 (JPG).

ORGANIZA:
COLABORA:
 
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia