Premio Abrente de Texto Teatrais

Coa intención de incentivar a creación dramática en lingua galega, o Concello de Ribadavia a través da Mostra Internacional de Teatro convoca o Premio Abrente para Textos Teatrais 2012.


Premio do Público “Rubén García” ao mellor espectáculo da MIT

Dende o ano 2000, a organización da Mostra instaura este galardón coa finalidade de facer partícipe activamente ao público. Dende entón existe unha tradición consistente na participación da compañía gañadora, dentro das posibilidades, no derradeiro día do festival do ano seguinte.


Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” da MIT de Ribadavia

Este galardón, concedido pola dirección do festival, instaurouse co obxectivo de recoñecer responsables do bo labor nas artes escénicas galegas.

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia