A MIT Ribadavia abriu en 2009 unha nova etapa que quere incidir na necesaria profesionalización e especialización, cunha renovada dirección e cun equipo de asesores que atenderán ás tarefas máis importantes de programación, produción, proxección exterior, imaxe e autonomía da Mostra, solvencia e competencia organizativa, etc. Para isto, a MIT ofrecerá o patrocinio deste gran evento ás máis fortes e sensibles empresas galegas para que, coa súa achega económica poidan compartir a ilusión por ofrecer unha imaxe en positivo, de calidade e compromiso social, económico e cultural, ao tempo que o crecemento de público e visitantes redunde nas súas respectivas actividades económicas. Igualmente, traballaremos para fortalecer o protectorado público e intentar crear as bases para a futura constitución dun padroado que lle dea o estatus legal e a estabilidade financeira precisa ao festival das artes escénicas máis relevante do país.

    Ademais de primar a construción dun servizo de ocio e cultura ao máis alto nivel para as cidadás e os cidadáns galegos, a MIT non quere deixar de aproveitar as potencialidades históricas, os vínculos teatrais, turísticos, enolóxicos e paisaxísticos de Ribadavia para proxectar ao mundo esta terra a través dunha competitiva oferta de turismo escénico, cunha rigorosa selección de espectáculos diversos e importantes actividades paralelas.

    Para calquera consulta ou se desexa formar parte deste ESQUEMA DE PRODUCIÓN DA MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA pode poñerse en contacto co servizo de produción escribindo un correo electrónico ao seguinte enderezo: info@mitribadavia.com


  • Protectorado público:

  • Patrocinadores: Aquelas entidades que, pola súa achega, manifiesten unha clara vontade de defensa, protección e amparo deste servizo público de interese artístico e económico que é a MIT Ribadavia, a cambio de fins publicitarios e de imaxe de empresa: no photocall, de maneira destacada no programa e na web, na publicidad que a MIT realice ou en bandeiras individuais que presidirán a entrada ao Auditorio do Castelo, principal espazo escénico. A dirección da Mostra sempre atenderá os patrocinios de maneira individual e valorando as posibilidades e ofertas concretas de cada patrocinio. Igualmente, proporemos accións particulares e liñas de incorporación publicitaria non convencional, coa finalidade de que cada patrocinio poida buscar un espazo e efecto comunicativo específico no seu apoio á Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.

  • Colaboradores: Convenios ou liñas particulares de cooperación entre diversas institucións ou axencias de proxección exterior das culturas de diversos países coa MIT para lograr obxectivos compartidos de presenza e visibilización dos creadores estranxeiros no festival internacional de Galicia.
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia