Foto: Paco Vilabarros   

Roberto Pascual Rodríguez.

Licenciado en Filoloxía Galega e posgraduado en Arte Dramática pola Universidade de Santiago de Compostela. Diploma de Estudos Avanzados en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, cunha investigación sobre o teatro galego. Foi actor na Aula de Teatro da USC, onde traballou en cinco espectáculos dirixidos por Roberto Salgueiro. Na actualidade é profesor da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

    Crítico e investigador teatral. Publica nas revistas Tempos Novos, Grial, Revista Galega de Teatro, Primer Acto, Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos, Artez, Escaramuza, etc. Ten participado en varios monográficos e coordinado o libro Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Tris-Tram, 2006. Colaborou nos suplementos “Universitas” de La Región, opinión de vieiros.com e “Protexta”. É membro dos consellos de redacción das revistas Madrygal e Revista Galega de Teatro. Foi profesor na Universidade Complutense de Madrid entre 2005 e 2007. Tamén impartiu docencia no Espazo das Linguas Ibéricas e Prehispánicas do Instituto Cervantes de Madrid. Coordinador do Plan de Formación dos Profesionais das Artes Escénicas da AGADIC e do Campus de Verán das Artes Escénicas da ESAD de Galicia. É habitualmente convidado a impartir conferencias en varios países sobre diversas cuestións relacionadas coas artes escénicas.

Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia