Convoctoria do 10º Premio Abrente de Textos Teatrais

O Premio Abrente de Textos teatrais cumpre 10 anos.

En 2006 a MIT de Ribadavia recuperou este concurso en homenaxe á Asociación Cultural Abrente, que converteu a Ribadavia “na catedra viva do teatro galego en tempos de dificultades.”

http://mitribadavia.com/premios/abrente/

Ribadavia, 29 de xaneiro de 2015

O Premio Abrente de Textos teatrais cumpre 10 anos.

En 2006 a MIT de Ribadavia recuperou este concurso en homenaxe á Asociación Cultural Abrente, que converteu a Ribadavia “na cátedra viva do teatro galego en tempos de dificultades.” En 2009 o certame recibe un novo impulso coa apertura dunha colección específica na Editoral Difusora para a edición de todos os textos premiados, cunha sección tamén para a publicación das traducións de textos teatrais coproducidos polo festival, coma Na meta, do austríaco Thomas Bernhard.

Nas últimas edicións o premio recoñeceu a escrita dunha nova xeración vigorosa de dramaturgos e dramaturgas galegas, vinculados co teatro universitario, a práctica teatral na interpretación e a dirección e a constante inquedanza pola participación en obradoiros de escrita, certames ou proxectos de dramaturxia galegos e de ámbito ibérico, como son Vanesa Sotelo, Fran Godón ou Fernando Epelde.

Dentro da diversidade de actividades que o festival prepara en cada edición hai unha constante e consolidada parte adicada aos dramaturgos e dramaturgas en lingua galega. Dende a MIT consideramos de suma relevancia, como un sinal evidente de normalización do sistema teatral, a existencia dunha diversidade de voces dramáticas que escriban a escena do presente, que forxen un discurso dramático relacionado activamente coa realidade social e cos creadores e afeccionados ao teatro. Se na pasada edición do festival puidemos ver á compańía do dramaturgo Fran Godón estrear a posta en escena da súa propia peza, Diante do espello (Premio Abrente 2013), en vindeiras ocasións pode ser posible e desexable que a dramaturxia da colección Abrente ou a nómina de autores que se van configurando arredor deste premio sexa reclamada máis asiduamente polo teatro afeccionado, universitario, escolar e profesional para as súas escenificacións. A dramatuxia clásica e a contemporánea internacional é necesaria para a escena galega do presente pero tamén o é unha dramaturxia nacional contemporánea sólida, activa, constante, xenuína e confortada polas principais institucións creativas e mediadoras como é a MIT de Ribadavia.

 
Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia