Premio Abrente e do Público
Resultados:
   4º premio Abrente de Textos Teatrais.
   10º premio do Público ao mellor espectáculo
O xurado do 4º premio Abrente de Textos Teatrais, reunido en Ribadavia o día 26 de xullo de 2009, presidido polo alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco Jorge e integrado por Rubén Ruibal (dramaturgo), Comba Campoy (actriz), Carlos Losada (dramaturgo), Anxo Collarte (concelleiro de cultura de Ribadavia) e Roberto Pascual (director da MIT) deciden, por unanimidade, declarar deserta a convocatoria de 2009 ao considerar que ningunha das catorce obras presentadas reúne a calidade suficiente para a concesión dun premio que pretende servir de aliciente á creación dramática, consonte ao espírito de innovación e fomento de novas voces para a escena en lingua galega, como foron aqueles Concursos de Textos Teatrais Abrente (1973-1981).
Por outro lado, o público decidiu, coas súas votacións, conceder o 10º Premio ao mellor espectáculo a ARIADNA, da compañía Atalaya. As altas puntuacións de varios espectáculos mantiveron a espectación ata o último momento, onde unhas décimas decidiron o premio para esta compañía andaluza.
A directora do Centro Dramático Galego recolleu o Premio de Honra Abrente agradecendo que nun 25 aniversario compartido ambas institucións de relevancia para a cultura galega sexan capaces, dende a xuventude e a ilusión, poñer en valor e recoñecer o pasado, para construír un futuro mellor.
Tel. 988470861
Atentamente,
prensa@mitribadavia.com
www.mitribadavia.com