Rolda de Prensa
Presentación do espectáculo Maté a un tipo, con Serxio Pazos e Tonino á 13:00 nas carnizarías da Praza de Abastos de Ribadavia.
Xoves 23 de xullo de 2009
Ábrese a sección SESIÓN GOLFA da MIT de Ribadavia cunha comedia negra protagonizada por Serxio Pazos, Aisha Wizuete, Anaïs Yebra e Tonino. Agárdase que este espectáculo, coma case todos os que se levan presentado ata o ecuador da Mostra, colgue o cartel de non hai entradas.
Despois de cinco días de espectáculos, a MIT Ribadavia supera os 10.500 espectadores, con cheos absolutos en espectáculos como La vida de un piojo llamado Matías ou Ariadna.
Cabe destacar a alta valoración que están rexistrando todos os espectáculos nas votacións do público. O domingo 26 darase a coñecer o 10º premio do público ao mellor espectáculo da Mostra nunha gala presentada pola actriz Mariana Caraballal. Ás 23:00 no Auditorio do Castelo.
Tel. 988470861
Atentamente,
prensa@mitribadavia.com
www.mitribadavia.com